invivo

Banda galega de metal crú formada en 2006 e composta por Mario César á voz e guitarra, Roberto Couto ás guitarras, Roberto Filgueira ao baixo e segundas voces e Ricardo González á batería.

En 2007 danse a coñecer coa participación no disco compilatorio Apostolocausto.

No 2008 gañan a terceira edición do concurso Millarock, ceden un tema inédito para o disco compilatorio Derrameidea e comparten escenario con bandas como Hamlet, Estirpe, Berri Txarrak ou A Palo Seko, entre outras.

En 2009 publican o seu primeiro disco, Introvisión (Producciones
Malditas) gravado e mesturado por Iago Pico nos estudos Pousada Son de Ames (GZ) e masterizado por Peter In de Betou nos Tailor Maid Studios de Suecia.

No 2010 colaboran no disco compilatorio A Bola de Metal.

Tras ducias de concertos nas súas costas en 2011 presentan o seu segundo disco, Dogma (ACI), gravado, mesturado e masterizado por Iago Pico nos estudos Pousada Son. Ese mesmo ano ceden o tema 1940 para o compilatorio de metal galego Camaradas do Metal!!#Vol. 1 e revisan o Sementa dos Skacha no disco Canta historia na barriada, tributo á banda punk-rock viguesa.

No 2012 presentan os vídeos oficiais 1940  e Dogma, con temas extraídos do seu segundo disco.

A inicios de 2013 edítase o disco tributo a Zënzar: Vai polos padriños!, onde revisan o tema Pensamento, da banda cercedense. Nese mesmo ano participan no volumen 7 do disco compilatorio A Bola de Metal.

En 2014 publican novo disco, Cárcavas, tras a experimentación dunha metamorfose. As modificacións apareceron motivadas a raíz duns problemas na voz orixinal do grupo, Mario César a inicios de 2013. Cos temas practicamente rematados para entrar no estudo, deciden apostar polo paso da testemuña do micro a Roberto Filgueira. Así mesmo, coma novidade, o grupo integra a Bruno Castro (Sarabia, Crying Wolves, Nerium,…), coma novo baixista, outorgando un son máis redondo. O disco está producido por Iago Pico e Invivo nos Pousada Son Estudios de Ames, cun deseño de Laura Riveiro e vídeo oficial ideado e dirixido por Lois Rodríguez.

BANDCAMP

Músicos