I Feed You My Love

Pablo Couto (Vigo, 1993) é artista novel que, pouco a pouco, intenta facerse un oco no que máis lle apaixona: a música.

Versátil aínda que con preferencia polo rock, crossover e música electrónica, Pablo presenta a esta segunda edición dos premios Martín Codax da Música o seu proxecto electrónico "I Feed You My Love" que consta de dúas versións realizadas e masterizadas íntegramente por él mesmo: "I Feed You My Love", orixinal de Margaret Berger, que da nome o proxecto, e mais "Hold It Against Me", popularizada por Britney Spears. Autodidacta e bastante esixente, atópase agora inmerso nunha nova aventura, xa que Pablo é o actual Recanteiro do Miño no concurso Recantos do programa LUAR da Televisión de Galicia. 

SOUNDCLOUD

Músicos