NARF TRÍO

NARF TRIO retoma a súa actividade tras o éxito da xira de lanzamento do seu primeiro disco "Nas tardes escuras", rock do terceiro milenio para a poesía de Rosalía de Castro.

\r\n\r\n

Os seus compoñentes son tres veteranos e excelentes músicos:

\r\n\r\n

Fran Pérez Narf na voz e guitarras,

\r\n\r\n

LAR Legido na batería, e

\r\n\r\n

Alberte Rodríguez “Ho Chi Ming” no baixo.

\r\n\r\n

Esgotada xa a primeira edición do  disco, o contundente directo do NARF TRÍO ten recibido excelentes críticas de público,  prensa e medios especializados ao seu paso por importantes palcos  como o Festival da Luz en Boimorto, a Praza da Quintana en Compostela, ou o Teatro Colón na Coruña, críticas que referendan o proxecto como un dos máis sorprendentes no panorama do rock actual.

\r\n\r\n

Esta nova xira brinda a oportunidade ideal para gozar da potencia de NARF TRIO tras un ano de intensa rodaxe ou para descubrir a forza do seu orixinal son por primeira vez.

\r\n\r\n

"...tensión eléctrica en los versos de Rosalía de Castro... Rosalía suena de otra manera: urgente, cortante, poco lacónica... Rosalía suena dolorida pero desafiante"  CAMILO FRANCO. LA VOZ DE GALICIA

\r\n\r\n

"Narf sacude a Rosalía... Nas tardes escuras es Una pequeña joya musical...una singular sacudida energética rosaliana... el público podrá comprobar en su potente directo la particular interpretación que Narf ha hecho de Rosalía de Castro" ALFONSO PATO. EL PAÍS.

\r\n\r\n

"Narf é un dos creadores musicais máis interesantes do panorama musical galego" OSCAR LOSADA. LA OPINIÓN.

\r\n\r\n

Ademais, en decembro de 2013 Fran Pérez Narf, foi galardoado nos Premios Galegos da Música Martín Códax, como o mellor artista galego na categoría de Rock/Blues/Funk/Soul.

\r\n\r\n

CONTRATACIÓN: 986-337069 / 678578013

\r\n','La Corua','Santiago de Compostela'

Músicos