imaxe da nova

Xornadas da Música ao Vivo en Boiro o 14 e 15 de outubro

imaxe do usuario Xestor Xestor
30 setembro 2016

O vindeiro 14 e 15 de outubro terá lugar na vila coruñesa de Boiro as "Xornadas de Música ao Vivo" coa participación de Músicos ao Vivo.

O venres 14, terá lugar unha mesa redonda sobre "A Música en Boiro hoxe", no Centro Sociocultural de Boiro ás 20:30h. Seguidamente The Lakazans actuarán na Pousada das Ánimas ás 23:30h.

O sábado 15 faremos as charlas de formación gratuita para músicos tamén do Centro Sociocultural de Boiro. De 10:00 a 12:00h falaremos de riders técnicos e outras cuestións relacionadas co son con Diego Basadre. De 12:00 a 14:00h Aitana Cuétara falará sobre a venda e comunicación de proxectos musicais. E despois do xantar, de 16:00 a 18:00 Manuel Alonso dará unha charla sobre facturación e contratos para músicos.

Para máis información e inscricións contactar co Centro Sociocultural de Boiro 981 842 635. 

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información