imaxe da nova
Nova Galega

Resumo da xornada sobre políticas culturais organizada por AGPXC

imaxe do usuario Xestor Xestor
22 novembro 2018

O pasado 13 de novembro a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural organizou na Cidade da Cultura unha xornada sobre a política cultural en Galicia. Foron moitas as persoas que acudiron ao convite da AGPXC para coñecer a situación do sector cultural galego da man dos seus profesionais, escoitar opinións diversas sobre as políticas culturais galegas e tamén opinar e debatir, convertindo a cita nunha experiencia moi enriquecedora para todos e todas nós.

Músicas ao Vivo estivo representada pola súa presidenta Sonia Lebedynski, participando na mesa redonda con outros profesionais de outros sectores culturais.

Podedes ver os vídeos de todas as charlas dende a páxina da AGPXC

A participación de MAV podedes vela neste vídeo a partires do minuto 39:40.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información