Xavinho

(Vigo, 1978) Pasa a infancia en Ourense e aos13 anos vai vivir a Quiroga (Lugo), vila na que realiza o seu primeiro concerto de rock no salón de actos do instituto no 1996. Nese mesmo lugar con ACCESO DENEGADO, o día16.5.1997 estreouse tocando a guitarra e cantando Con esta banda deu uns 20 concertos por Galiza.

Máis tarde forma FAI TUN FLAI, sendo case os mesmos compoñentes ca banda anterior; un potente trío co que ofrece máis de 40 concertose gravan un álbum de 8 temas chamado "Mala Centella Te Coma" (2003. Taller de Música. Ourense). Esta formaciónn foi finalistas do I Concurso Universitario Galego Campusons; así gravan 2 temas máis que se incluiron no albúm recopilatorio "CAMPUSONS VOL.1" (2004. Sons Galiza. Lugo). O seu estilo era "canha rural". Finalmente, ao estar todos estudando lonxe de Quiroga, fixo dificil ensaiar e a banda foi parando, pero foi irrepetíbel.

No 2005 unha banda de A Estrada buscaba vocalista un novo proxecto. Chamóuselle NAO. Xavinho foi o primeiro cantante desta banda. Ofreceu máis de 60 concertos. Gravouba demo "Usa a palabra", (2005. Mafia Records. Carballiño) e os álbumes "Somos" (2006. Mafia Records. Carballiño) e "As palabras Espidas" (2007. Estudios Garate. Andoain), producido por Kaki Arkarazo. En agosto de 2008 sepárase da banda tras un memorable concerto no Festidoiro de Cuntis. 

No ano 2009 comeza a rodar cun proxecto na zona de Caldas. Consensúan chamarlle RAIBA e a primeira canción que gravan é "FOGAR" (2010. Mafia Records. Carballiño) un tema no que involucran a 20 vocalistas do panorama galego. No 2011 Raiba grava o seu primeiro albúm, un EP titulado "Por Vivir", 6 temas novos producidos por Javier Abreu e masterizados polo finés Mika Jussila. O album tamén contén o track "Fogar" e unha nova versión deste tema titulada "II".

Posteriormente RAIBA grava o seguintes álbumes: Versos de revolta (2014) e Historias Na Pel (2016) e Marxinación (2017).

Grupos