xosé miguélez

Saxofonista, músico de jazz e mestre de música tradicional galega. Na súa carreira profesional ten participado en nomeados festivais de jazz europeos, entre os que podemos destacar: “The London jazz festival BBC Radio 3″ Reino Unido, “Festival de Jazz de Guimaraes” Portugal, “Festival de jazz Imaxinasons”, Galicia, “Festival intercéltico de Lorient” Francia, “Vodice jazz festival” Croacia, “Portugal-jazz″ CCB Lisboa e “GirandoPorSalas”, España, entre outros. Posgraduado en jazz na “Guildhall school of music” de Londres, estudos para os que gañou unha bolsa da Fundación Caixa Galicia, e licenciado en jazz pola ESMAE da universidade de Porto. Ademáis disto, estudou particularmente cos músicos americanos Jean Toussaint e Matt Otto. Dentro da música tradicional galega adícase, ademáis da interpretación, ao ensino e á investigación musicolóxica. Imparte aulas nesta especialidade no conservatorio profesional de Vigo, onde tamén ensina iniciación á linguaxe do jazz. No ano 2006 convertiuse no primeiro titulado superior en música tradicional de Galicia polo conservatorio superior de Vigo. De entre as máis de vinte referencias discográficas de distintos estilos en 2013-12 edita "Traces of cities" Manuel Linhares quintet, “Groovy meditation” co grupo Organic collective e “Barbanza” coa banda Factor e-reset. É artista da marca de saxofóns “Paul Mauriat – París”.

Grupos