Karolis Biveinis

Realiza a súa formación académica como compositor e pianista entre Lituania e Galicia: primeiro na Escola Nacional das Artes de M.K.Ciurlionis en Vilnius (O.A.Steinberg – piano; B.Kutavicius – composición) e, despóis, no Conservatorio Superior de Música de Vigo (R.L. de Castro – matricula de honra en piano; C.Cambeiro, F.Buide del Real, J.Eiras, entre outros – composición).

Perfecciona os seus coñecementos asistindo ás clases maxistrais con compositores J.Cruz-Guevara, C.Havel, J.M.Laborda, E.Zampronha; con pianistas Z.Plavin, A.Seriogina, R.Biveiniene; e debido ao seu gran interés pola música improvisada e o jazz tamén asiste ao “Seminario Permanente” con A.Rábade e P.Charlín.

Obtén varios galardóns nos concursos nacionais e internacionais de piano como “N.Rubinstein” (Francia), “Real Club Náutico de Vigo”, “Club Rotaract de Palma de Mallorca” (España); de música de cámara “Pavasario Sonata” (Lituania). A composición “Nona” do seu traballo discográfico “Sounding Images” para violonchelo e piano, gravado xunto có violonchelista Luis Caballero, recibe a nominación para “The 2013 Hollywood Music in Media Awards” na categoría de música clásica (Los Angeles, EEUU). A composición “Voicing” (III parte) realizada xunto coa cantante Mónica de Nut, obtén o Silver Award no “Sapporo International Art Festival – Urban Soundscape Competition 2014″ (Sapporo, Xapón).

“Creo que esta peza [Voicing, III parte] embala o maior impacto, e o concepto é da arte moderna polo que é unha excelente selección en canto á súa adecuación ao SIAF.” – Ryuichi Sakamoto (Director invitado do SIAF 2014).

Conta con varias estreas das súas composicións, actuacións e participacións nos Festivais en Galicia, España, Portugal, Francia, Italia, Alemania, Bélxica, Lituania, Xapón, … Cabe destacar  “Xacobeo 2004” onde comparte o escenario có guitarrista J.McLaughlin, “Cidade de Lugo 2011”, “Festival de Jazz do Salnés”, “Xacobeo Classics 2010”; “Hochschule für Musik, Theater und Medien” (Hanóver), “Koninklijke Conservatorium” (Bruselas), “Museo da Arte Contemporánea da Unión Fenosa” (A Coruña), “Centro Galego de Arte Contemporánea” (Santiago de Compostela), Filarmónica nacional (Vilnius), Antigo Corte de Apelacións Shiryokan (Sapporo).

Colabora con destacadas agrupacións e solistas como “Ensemble s21”, “Grupo Instrumental siglo XX”, “Taller Atlántico Contemporáneo”, Quinteto “Pentafonía”, “Plathner’s Eleven”; Adrián Silva Magdalena (frauta) e Rasa Biveiniene (piano), Mónica de Nut (voz), Juan Ferrer (clarinete) e Alejandro Sanz (marimba), Asterio Leiva (clarinete) e Alejo Amoedo (piano), entre outros. Varias das súas obras encóntranse publicadas en “Musicaneo”, “Dos Acordes”, “Periferia sheet music”, así mesmo gravadas e editadas por “Radio Galega”, “Estudio grabación Mans”, “Ouvirmos”.

“A [música] que interpretou en Pórtico do Paraíso ten unha sólida factura que reflexa a súa formación e é de agradable e sinxela escoita. Na época do audiovisual, Biveinis ten por diante un interesante camiño a percorrer, que lle ofrece grandes posibilidades de crecemento artístico.” – Julián Carillo (crítico musical de El País).

 

BANDCAMP

SOUNDCLOUD

Grupos