Serxio Moreira

Serxio Moreira ( Bilbao1977) comeza os seus estudos musicais a idade de 9 anos,recibe clases de Sergei Yerokhin entre 1995-1997 sendo admitido ese ano no Conservatorio Superior de Música “ Juán Crisóstomo de Arriaga “ de Bilbao donde estudará co mestre Agustín Vergara rematando seus estudos no 2002.

De mente inqueda e gusto pola versatilidade, trasládase no 2002 a Galiza donde compaxina a docencia cos escenarios sendo pianista, arreglista, compositor tanto en agrupacións de música clásica, jazz e pop de autor; cofunda xunto a Paco Souto a compañía Aínda onde compón a música dos espectáculos “Como aguas de maio”,” Aviléscanto”,” As horas de María”,” Lugar de Incendios” e “Tempo Escuro”,neste último incorpórase a escritora Rosalía Fernández Rial con quen produce tamén os espectáculos poético-musicáis “Átonos”,”Vinte en escena” e “Ningún amante sabe conducir” que desembocan na formación ELO.

No 2006 estuda no 6º Seminario Permanente de jazz de Pontevedra impartdo por Abe Rábade e Paco Charlín tendo a oportunidade de recibir masterclass por parte de  Walter Smith III, Matt Brewer, Jonathan Blake ,Carlos Azedevo. Javier Berchem, Aruán Ortíz,Brannen Temple e Manolo Gutiérrez.

Músico habitual de Silvia Penide, ten participado noutras formacións como Pablo Seijas,Álvaro Muras e en bandas coma Duplo Son, Novótica, Robert y los Muchachicha e Jazz Butano.
Ten colaboracións en discos coma “20” de “The Forest Trio”e”6º Seminario de Jazz de Pontevedra”

Participa nos recopilatorios xunto a Silvia Penide “Zeca Pirata a cantar desde 1929””Homenaje a los Beatles 50 aniversario”" Doutor Apertas Tributo a Magín Blanco” e é pianista e productor musical nos discos “Animal de compañía” e “ Animal de compañía reedicion 2014” de Silvia Penide.

BANDCAMP

Grupos