xoseconstenla

Xosé Constenla é un cantautor galego con máis de 15 anos de traxectoria. Durante este tempo ten editado dous discos (“Quen fixo berrar ao silencio” -2005- e “Olladas dun entusiasta” -2008-) e ofrecido máis de 300 concertos e recitais. As súas músicas tratan de amosar estados de ánimos e impresións sobre o acontecer social e algunhas visións persoais de intrahistorias cotiás que están sometidas a unha constante avaliación sentimental. Xosé Constenla ten sido escollido para participar en distintos ciclos e certames de canción autor, así como distinguido con diversos premios pola súa produción. O pasado 28 de xuño de 2013 no Salón Teatro gravou o seu terceiro traballo discográfico en directo. Despois de 18 concertos por distintos lugares do país acompañado polo pianista de grande traxectoria Javier Constenla, Xosé Constenla gravou ao vivo e en directo un novo disco. Para esa ocasión reuníu unha banda de músicos de recoñecido prestixio formada por Leo Gianetto (guitarras), Javier Constenla (teclados), Kike Calzonetti (baixo) e Rober Vázquez (batería). No concerto fixo repaso dos seus dous discos anteriores e presentou 12 temas inéditos. Xosé Constenla escolleu o Salón Teatro de Compostela, a súa cidade natal, para levar a cabo este fermoso e emocionante proxecto, coa confianza de que -coa colaboración insustituible do público- logren conxuntamente provocar un sinecismo a modo de acicate espontáneo ou “faísca” que estimule a creatividade social consecuencia de convivir xunto a outras persoas, nunha noite máxica e inesquecible.

SOUNDCLOUD

Grupos