Pablo Morán

Básicamente autodidacta, inicia estudos de música no entorno familiar co seu irmán César Morán, e cos colegas de xuventude Juan Durán, Paulino Pereiro e Carlos Ferrant. Asiste a aulas de guitarra e harmonía de jazz con Steve Brown no Seminario Internacional de Jazz de Poio, de guitarra clásica con José Luis Rodríguez no Conservatorio Superior de Música de Vigo, e ten unha experiencia profesional de máis de trinta e cinco anos no mundo da música. Guitarrista, compositor e membro fundador de Agra, grupo de música libre (A Coruña, 1976-1979). Músico profesional interpretando guitarra e voz nos grupos América (Pontevedra, 1980-2011) e Claxxon (Pontevedra, 2011-2016). Guitarra e voz nos grupos de son latino Saoco (Pontevedra, 1998-2000), e no grupo de pop-rock La Dulce María (Pontevedra, desde 2011). Actualmente músico profesional como guitarrista, voz e membro do grupo All of me band (2017). Participante na asamblea constituínte do Sindicato Galego da Música (1979), foi membro da súa comisión executiva. Recentemente participou nas negociacións para a redacción e asinatura do I Convenio colectivo das orquestras de verbena de Galicia (2016). Ten varios discos editados desde 1972 como membro de diferentes formacións musicais e como colaborador de outros artistas.

Grupos