rulillos

Mike Rolling a.k.a. Mestre Rulos.

Multinstrumentista, mestre e musicólogo galego especializado na música electroacústica e experimental e a súa relación co arte audiovisual. 

Leva editados máis de 30 álbumes como intérprete, arranxista e compositor de música alternativa e de vangarda; así como de música para o cine, televisión, teatro e as artes plásticas.

Articulador de paisaxes sonoras e constructor de instrumentación non convencional.  Experimentador e  improvisador sistemático na procura continua de novos sonidos e tímbrica experimental, que extrae do mesmo xeito, dun saxo barítono electrificado coma dun xoguete electrónico modificado.

Grupos