galis115

Galis 115 foxe do estereotipo do DJ. A súa intención principal é a da creación de ambientes non só musicais senón sensoriais, xogando sempre coas sensacións que a música pode causar nas persoas. A súa prioridade, como el mesmo define, é “buscar o benestar da xente que o escoita, crear ambientes musicais que creen á súa vez momentos únicos”. Recórdase rodeado de música dende sempre. A música foi sempre a súa inspiración e a ferramenta perfecta para lograr a intimidade que precisan os momentos para ser recordados. Galis 115 comeza a súa andaina profesional a idade temperá en diversos locais de Vigo Grazas á calidade das súas sesións comeza a ser recoñecido e consigue diversos logros entre os que se inclúen: – A residencia e a xestión de programas do club Ruralita (Vademecum) de Vigo. – A creación e condución dos programas Taxi 115 e La merienda de los peces nas ondas de Loca FM en Vigo. – A invitación por parte da organización do Sónar Barcelona para formar parte do cartel na edición de 2008. – Ser membro do equipo de produción de SinSal Audio e do colectivo Miniature. _Forma parte do cartel do Sonar Galicia 2011. Galis 115 conxuga ritmos que van dende o down tempo e o triphop ata o hiphop instrumental ou a electrónica experimental, aínda que calquera efecto sonoro é benvido para poder ampliar as sensacións e conformar unha historia. Por iso, non te sorprendas se cres recoñecer discursos históricos famosos ou bandas sonoras inconfundibles nunha mistura na que poderían pasar desapercibidas. Mr Ortis, alter ego que lidera outro proxecto, mergúllase no funky, no soul e nas raíces da música negra. Pola súa propia conta, é creador po proxecto Ukranian Bride, que ten por obxectivo profundizar no aspecto sensorial da música para facer físicas as sensacións que pretende. Este obxectivo descorre pola senda que traspasa o sonoro para conseguir sensacións máis físicas. Unha das curiosidades que relata é que as mellores sesións que el sentiu que fixera foron as que aconteceron improvisadamente en reunións con amigos. Sensacións que se repiten cada vez que nos perdemos no seu universo durante as súas sesións, xa que non deixan de ser reunións de amigos…

SOUNDCLOUD

Grupos