carloscastro

Imparte docencia en Vigo dende o ano 87, actualmente no Conservatorio Superior. Ten colaborado en orquestras sinfónicas, bandas e grupos de rock, folk, jazz, etc. Tamén participou como compositor e intérprete en música para publicidade, teatro, cine e TV. De entre as case 70 gravacións feitas entre LPs e CDs, están a maioría dos grupos actuais de música galega, así como 2 discos gravados polos alumnos do Conservatorio. Publicou xunto a Sol Bordas "O Centro Integrado de Música" (Consello da Cultura Galega), así como o libriño de arranxos de música popular "Catro cancións para instrumentos de Láminas" (ed. Fundación Mayeusis) e “Caldeirada para 6” (ed. Periferia). Coa editorial Dos Acordes unha metodoloxía para principiantes na percusión “esto é percusión!”, “Maruxiña” e “Pasodobre e Eirís” para cuarteto de percusión e “Nas ondas!” para dúo. Forma parte do grupo folk Fía na Roca, e participa tamén con Xosé Manuel Budiño, os grupos Martín Códax, Resonet e Meendinho de música antiga, a orquestra O.M.E.GA de improvisación, a Banda Crebinsky e Catroventos (Fusión Urbana Contemporánea).

Grupos