oscar.pedeboi

Guitarrista e vocalista da Banda "Pé de boi", e ao fronte da actividade musical e de produción da mesma. Compaxina a actividade musical da banda xunto coa labor como docente e o traballo noutros proxetos relacionados co mundo da música. Diplomado en Ed. Musical pola USC, na actualidade exerce como Mestre de Música nun Centro de Ensinanza Pública titularidade da Comunidade Autónoma Galega. Realiza estudos na especialidade de Guitarra Clásica no Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela, completando así a formación musical iniciada na súa localidade natal (Arnois_A Estrada), á idade de 9 anos.

Grupos